Éxito de Borja Cadilla e Javier Portela do Club San Xerome na XI meia maratona Manuela Machado de Viana do Castelo


Nesta XI edición da “meia maratona Manuela Machado”, celebrada o pasado domingo 25, na cidade portuguesa de Viana do Castelo, participaron máis de 1.000 atletas. Borja Cadilla e Javier Portela do Club San Xerome xunto con seis deportistas portugueses en cadeira de rodas representaban ao sector da discapacidade amosando o seu alto nivel no deporte de elite.

Borja acadou un tempo de 1 hora e 40 minutos, mesmo tempo da media maratón do Baixo Miño, pero cunhas condicións climatolóxicas moi adversas. Javier Portela percorreu os case 22 km en 1 hora e 53 minutos.

Éxito, polo tanto, dos deportistas do Club San Xerome que este pasado sábado, día 24 de xaneiro, celebraban, xunto cos seus técnicos, no seu adestramento habitual a concesión dunha furgoneta, por parte da Deputación Provincial, e a confirmación na participación no Campionato de España de campo a través, a celebrar no vindeiro mes de febreiro en Santander, dos deportistas Borja Cadilla, Javier Portela e José Ramón Senra.

Simultaneamente á celebración da “meia maratona” tivo lugar unha “camiñada” na que estiveron presentes 20 deportistas do Club San Xerome, xunto cos adestradores e voluntarios, que animaron na liña de meta a chegada dos seus compañeiros Borja e Javi.



Información extraída de: www.galiciasuroeste.info

No hay comentarios:

Publicar un comentario