Un bo comezo de tempada de ciclo-cross para o rosal







Ciclo-Cross en Negreira
Este sábado 31 o Clube Ciclista O Rosal desplazouse cos corredores de categorías Cadete, Junior e Sub-23 até a coruñesa localidade de Negreira para disputar alí o I Trofeo Vila de Negreira de ciclocross.
Segunda carreira como Cadete e primeiro podio para Antonio Portela que se fixo cun sobresaínte 2º posto. Completaron a clasificación Manuel González 4º , Ivan Morais 6º , Alejandro Lomba 7º , Adrian Vicente 14º e Pablo Cividanes 16º.
Na categoría Junior Brais González 13º foi o único representante do C.C. ROSAL xa que Miguel Rodriguez está mancado nun xeonllo por mor dunha caída na carreira de Villaralbo (zamora).
En Élite-Sub23 Fernando González trouxo para O Rosal o 5º posto da categoría, sendo éste o único representante do C.C. ROSAL na categoría raíña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario