A Unión Guardesa conseguiu gañar o domingo no Estadio Municipal nun partido que se presentaba doado e que se complicou por momentos. Inicialmente agardábase que o partido resultara fácil para o equipo local ante o Portosín, un rival débil que lle complicou a tarde do domingo ao equipo feminino da Guarda. As visitantes non ofreceron moita complicación, no entanto, o partido foi demasiado tropezado, a vitoria non estivo clara ao longo do encontro e a Unión Guardesa acusou a desgana das xogadoras e primou o mal xogo, o que fixo que o resultado estivese axustado durante todo o partido, chegando incluso o Portosín a pórse por diante do marcador arredor do minuto 30 da segunda parte (2-3).
Foron os últimos 10 minutos os que as xogadoras tomaron en serio, deixando un resultado favorábel á Unión Guardesa de 6-3.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario