Xornada para non esquecer a de Toni Portela que acadou o segundo lugar no podio do Campionato de Galicia de Ciclo-cross, disputado este Domingo, en Guláns (Ponteareas) nunha carreira na que dende a saida se formou un trio con Toni, Angel Diz (CC Spol) e Daniel López (CC Cambre) con continuos cambios no liderato da carreira pero chegados a última volta do percorrido e cando todo apuntaba a vitória de Toni xa que lideraba a carreira, unha inoportuna avaría mecánica o fixo caer até a terceira praza por detrás de Angel e Daniel pero como en él é costume, sacou todo o seu poderío físico para o final colleitar ese mais que merecido segundo lugar. En canto os demáis integrantes da categoría Cadete, mais que boa a carreira de Manuel González que acudía a éste Campionato inda convalecente dunha gripe que lle fixo estar "no paro" estes derradeiros dez días, o que non lle impedíu acadar o 5º posto. Iván Morais 6º, Alex Lomba 9º, Pablo Cividanes 14º e Adrián Vicente 15º completaron a clasificación deste Campionato Galego.
En Júnior o primeiro "rosaleiro" foi Miguel Rodríguez 12º e Brais González 15º despois dunha caída que lle imposibilitou loitar por postos mais altos.
En Sub-23 Fernando González non poido participar por mor dunha enfermidade pero sí resaltar a vitória e título de Campión Galego para Aser Estévez que como os aficcionados poden saber formouse nas filas do CC O Rosal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario