O partido comezou con máis ocasións para a Unión Guardesa ca para o Coruxo, quen non gozaría de oportunidades na primeira parte. Neste período, o equipo local foise facendo co xogo,aínda que o partido non estaba doado. Erráronse varias ocasións claras de gol, mais un lanzamento de Mabel ao borde da área acabaría na rede, subindo o primeiro tanto ao marcador. Así chegou o descanso, o que árbitro e adestrador aproveitaron para estreitar lazos no vestiario visitante. Reanudouse o partido coa Unión Guardesa atacando e non saíndo case do campo rival, volvendo a errar en ocasións ben claras que logo lamentaría.
O Coruxo puxo o empate nun remate de cabeza centrado desde o saque de esquina. O árbitro, xa desde o inicio, deixou clara a súa preferencia e non fixo por disimular. As faltas sinaladas só eran a favor do Coruxo, quen realizaba constantes entradas de plancha e reiteradas mans, que o árbitro nunca sinalou. O segundo gol visitante foi nun inicial fóra de xogo que se rompeu ao entrar unha xogadora de fóra do campo tras recuperarse dunha xogada anterior, despois de recibir unha patada no xemelgo, que tampouco foi sinalada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario