A Guarda acolle a II Gala do Deporte

Ás 20.00 horas A Guarda rende homenaxe aos seus deportistas máis destacados na II Gala do Deporte

O Centro Cultural acolle hoxe a II Gala do Deporte Guardés, organizada polo concello da Guarda para homenaxear a aqueles deportistas, persoas ou clubs que se distinguiron polos seus logros ou traxectoria deportiva nesta localidade.

O acto, que dará comezo ás 20.00 horas, estará presidido polo alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, e o concelleiro de Deportes, Javier Crespo, e arroupado pola corporación e público en xeral.

Seguindo a liña de fai un ano, a II Gala do Deporte iniciarase coa proxección dun curto sobre o deporte guardés. A continuación terá lugar a presentación do acto e unha actuación musical a cargo do Cuarteto Fugatto que interpretará o tango Por unha cabeza, de Piazzolla, e Negra Sombra, con arranxos para cuarteto.

Acto seguido subirán ao estrado os deportistas distinguidos que recibirán o seu correspondente premio e diploma, e a continuación, será o alcalde da Guarda quen se dirixa aos presentes para resaltar o labor do deporte local.

O acto finalizará cunha nova actuación do Cuarteto Fugatto interpretando o Cuarteto nº 4. Mozart e The entertainer.

Información: www.galiciasuroeste.info

1 comentario:

  1. ¿Gala do deporte? con só o 0,7% dos preupostos da Guarda para todo o deporte guardés? É de vergoña... ó menos preocuparos do deporte o resto do ano, e cando se xogan as competicións, preocupándose dos nen@s e indo a mirar os torneos, os partidos... en fin. POLITICA.

    ResponderEliminar