Entrevista a David Veleiro, nova fichaxe do Novás


David López Veleiro (Salceda, 1980, máis coñecido como David Amor, foi a incorporación máis soada do mercado veraniego do Mecalia Atlético Novás. Pouco ou nada novo se vai contar acerca deste reforzo, un xogador que tralas suas espaldas agocha experiencia na liga ASOBAL, o ser internacional español junior, fases de ascenso co Bueu... a parte da sua coñecida vida coma presentador da Televisión de Galicia e de festivales. Nel hai moitas esperanzas depósitadas e dende a directiva e corpo técnico hai moitas esperanzas en que o seu traballo nos axude a desexada volta a División de Honra. As suas principais cualidades son o seu gran físico, que é clave para a súa contundente defensa, e a calidade que mostra xunto co brazo a hora de atacar

Boas David, ¿Que fixo que te decidiras polo equipo rosaleiro?

En principio dúas cousas, unha a traxectoria do equipo e outra o adestrador, co que manteño unha unha boa relación, xa sabedes que a segunda se torceu, pero o clube seguíu mantendo o interés por mín ó igual que o adestrador novo, e eu quería quedar.

¿Como te recibiron eiqui e que referencias tiñas?

Pois estou moi sorprendido co recibimento, moi ben, nótase que é un equipo feito, pero acostumado a ter fichaxes, e penso que todos están a facer para que me adapte o mellor posible.

Aínda que ata o momento non a haxas visto como nas citas importantes ¿Que opinión tes da afección do teu novo clube?

Home, sempre que vin como visitante, o comentario é a envexa que desperta unha afeción así, e moi divertidos por certo.

Da tua carreira deportiva ¿Con que te quedas? (Ascenso a ASOBAL, ese ano na categoría de ouro, as fases de ascenso co Bueu...)

Si ben todo o que nomeas foi moi especial, eu quédome coa do 02-03, que xoquei no Artai en Segunda e ascendimos, para min, xogar alí cos meus compañeiros de pequeno, foi voltar divertirme con este deporte e ter ganas de adestrar, para que despois viñera todo o bo que veu.

¿Non te molesta que lonxe das cámaras sigan chamandote David Amor?

Bueno, é unha faceta máis da miña vida, é un traballo, eu xa o tomo como un alcume, Germán é "Jimmy", pois eu son Amor.

¿É difícil compaxinar esa “doble” vida? ¿Se te tiveras que decidir por unha profesión, cal escollerías?

Que queres máis, ó teu pai ou a túa nai?jeje, mentres poida seguir alternando, a min gústanme moito as dúas cousas.

Como último, antes de despedirnos, una pequena carta aberta destinada cara os afeccionados do Novás.

Pois a nivel de equipo, esperemos estar arriba, e poder xogar a fase con tódalas opcións do mundo de ascender, e a nivel persoal, que a xente me acabe vendo coma un rosaleiro máis e digan "foi un bo fichaje o "Amor" este".


Moitas grazas por destinar parte do teu tempo a responder as nosas preguntas. Sorte no noso equipo.


www.atlnovas.foro.st

2 comentarios: