Resumo dos últimos logros do "Club Ciclista O Rosal"

O pasado 20 de xuño o Club Ciclista O Rosal organizou o XVI Trofeo Pista das Faias en San Xoán de Tabagón con moi bos resultados para os seus ciclistas como son o 2º posto de Mario Fernandez en categoría Benxamín, ou a vitoria para Antonio Portela e un 3º posto para Cristóbal Coimbra en Infantís.
Destacable tamén é o éxito de Jonathan Sousa en categoría Júnior, xa que a vitoria que logrou en Ponteareas, o pasado 28 de xuño, fixo que se proclamara Campión da Copa Deputación grazas a regularidade que mostrou en todas as carreiras das que constaba a mencionada copa.
O 5 de xullo en Teis, destacamos o 2º posto de Manuel Dorna en Benxamín, e a vitoria de Antonio Portela e o 3º posto de Cristóbal Coimbra en categoría Infantil, repetindo así os bos resultados logrados no XVI Trofeo Pista das Faias.

Estas boas actuacións de Antonio Portela fixerón que o seleccionador galego se fixara nel e o convocara para disputar o Campionato de España. Magoa que se vira obrigado a abandonar por mor dunha caída múltiple nos últimos metros, cando estaba disputando o sprint para a vitoria.

No Campionato Galego de Contrarreloxo Individual os nosos ciclistas acadaron os seguintes resultados:
- Categoría Cadete: Manuel González 8º, Iván Morais 23º, Kevin Rodríguez 27º e Alejandro Lomba 38º.
- Categoría Júnior: Jonathan Sousa 14º, Brais González 27º, Andrés Aguiar 37º e Marcos Gómez 38º.

Pero unha das principais bazas deste Club Ciclista O Rosal é a súa categoría Infantil, na que os seus corredores sempre están entre os mellores. Desta forma cabe destacar o 2º, 3º e 4º posto de Antonio Portela, Cristóbal Coimbra e Andrés Fernández respectivamente o 18 de xullo en Meixoeiro. Máis impresionante foi a actuación deste rapaces en Marín, na que 5 dos 7 primeiros clasificados pertencían o club rosaleiro.
Por último, detacar o 2º posto de Mario Fernández en Benxamín, o 2º posto de Antonio Portela e o 3º posto de Cristóbal Coimbra en Infantil e o 1º posto de Jonathan Sousa en categoría Júnior no XXII Trofeo Festas do Monte Santa Tegra da Guarda.

Na especialidade de MiniBTT os corredores rosaleiros máis destacados son: Manuel Dorna, Mario Fernández, Iago Álvarez, Irea Villa en o Alevín Xoel.

Aser Estévez.
Dende aquí tamén queremos aproveitar para felicitar ao ciclista Aser Estévez, formado no Club Ciclista O Rosal, que o pasado 25 de xuño quedou Campión de España de Contrarreloxo Individual Sub-23.

Fontes da noticia: Boletín Informativo do Concello do Rosal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario