Ciclocross Santiago





Este domingo 15 de novembro celebrouse o 8º Trofeo Concello de Santiago de ciclo-cross organizado polo clube ciclista compostelano e baixo unhas condicións meteorolóxicas moi adversas por mor do vento e en maior medida pola choiva que caiu durante toda a mañá que fixo que o ciscuito estivese embarrado e moi escorregadío facendo a disputa da proba moito máis dura do que xa é de por sí era.

Polo que respeta os corredores do Clube Ciclista Rosal temos que salientar outo 2º posto na categoría cadete pero desta volta a cargo de Manuel Lomba que pasou a liña de meta na compaña do 3º clasificado e do seu compañeiro de equipo Antonio Portela no 4º lugar da clasificación. 5º foi Iván Morais que practicamente desde o comezo tivo unha carreira en solitario xa que os 4 primeiros ivan algo lonxe e por detras xa levaba un marxen de tempo casi imposible de recuperar. 9º foi Alejandro Lomba, 14º Adrian Vicente e 16º Pablo cividanes.

En Júnior, Brais González foi 12º e en Sub-23 Fernando González apoderouse finalmente do 7º posto da categoría despois dunha remontada muy salientable desde a última posición, cun marxen de tempo considerable cos seus ribais, tras dúas caidas debido o estado do circuito, que para él non e dos seus preferidos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario